CINCO DIPLOMAS ACREDITATIVOS
Cinco acreditacións que
simbolizan o espírito do camiño.
En Volta de Gloria, cada paso deixa pegada. Ao completar o percorrido podes optar a tres recoñecementos que resumen o espírito do Camiño: Compostela —a chegada a Santiago—, Fisterrana —a continuidade ata Fisterra— e Mítica —o regreso pola vía costeira entre Fisterra e Muros—, Muxiana, Portus Apostoli . Para obtelos, conserva a túa credencial oficial cos selos diarios e consulta os puntos de validación. Descarga tamén o mapa de peto para planificar cada etapa con claridade e gozar da ruta con calma e sentido.

DIPLOMAS E CREDENCIAIS
En Volta de Gloria, cada paso deixa pegada. Tres diplomas oficiais simbolizan o espírito do Camiño: a chegada, a continuidade e o regreso.
COMPOSTELA
O recoñecemento máis universal do peregrino. Obtense na Oficina do Peregrino, en Santiago.
100 km a pé/a cabalo ou 200 km en bicicleta, con selos diarios do último tramo antes de Santiago.
Oficina do Peregrino (Casa do Deán, Rúa das Carretas 33, Santiago). Aberta todo o ano agás o 25/12 e o 01/01.
FISTERRANA
Diploma que marca o final do Camiño... ou o comezo doutro. Expídese en Fisterra.
Presentar a credencial cos selos do tramo que finaliza no Cabo Fisterra.
Albergue Municipal (Rúa Real, 2) ou Oficina de Turismo (Praza da Constitución, 31), en Fisterra.
MÍTICA
Mítica é o diploma para quen completa a Vía Mítica entre Fisterra e Muros. Representa o espírito do Camiño que vai e volve dentro da Volta de Gloria.
Non necesita validación adicional: sélase durante o propio percorrido e por iso entrégase en formato canutillo.
Recóllese no Faro de Fisterra, acompañado dun portadiplomas especial.
MUXIANA
Muxiana é o certificado que acredita a chegada a Muxía tras realizar o Camiño ata esta vila da Costa da Morte, ligada ao Santuario da Virxe da Barca e á tradición xacobea atlántica.
Presentar a credencial do peregrino debidamente selada, acreditando o paso polas etapas correspondentes ata Muxía.
Solicítase en Muxía, habitualmente na Oficina de Turismo e, segundo dispoñibilidade, noutros puntos de acollida ao peregrino.
PORTUS APOSTOLI
Portus Apostoli é un certificado de paso vinculado a Noia e ao Camiño da Ría de Muros-Noia, que lembra a tradición histórica deste porto como porta marítima cara á cidade do Apóstolo.
Presentar a credencial debidamente cuberta e selada, acreditando o paso polo Camiño da Ría de Muros-Noia e a chegada a Noia.
Entrégase en Noia, asociado ao Albergue de Peregrinos Portus Apostoli e aos puntos de acollida vinculados ao Camiño da Ría de Muros-Noia.
DESCARGAS OFICIAIS
Accede á credencial oficial —páxina informativa— e ao mapa de peto en PDF.
