BENVIDOS A
VOLTA DE
GLORIA
Unha peregrinación circular onde a
orixe e o destino se atopan no
Pórtico da Gloria

SOBRE VOLTA DE GLORIA
A Volta da Gloria é unha ruta turística e cultural circular quecomeza e remata en Santiago de Compostela.. Está estruturada arredor dos Camiños Fisterra-Muxía e Muros-Noia, unidos pola Vía Mítica, un novo tramo que conecta Fisterra e Muros.
ruta
A ORIXE E O DESTINO DA VIAXE
Santiago de
Compostela
O resultado é un percorrido de entre 270 e 300 quilómetros en etapas accesibles, que invita a descubrir o litoral occidental de Galicia a través de paisaxes naturais, patrimonio histórico e enclaves simbólicos como o cabo Fisterra, o Monte do Pindo ou a fervenza do Ézaro. Gloria, pola Gloria de Compostela, petrificada no Pórtico da catedral, pero tamén pola gloria da natureza, que modela este percorrido coa súa forza ancestral.



Un camiño de ida e
volta sen repetir tramos
Explora o percorrido completo de Volta de Gloria a través deste mapa. Aquí poderás visualizar as tres etapas que conforman o itinerario circular: Camiño Muxía-Fisterra, Vía Mítica e Camiño da ría de Muros Noia.

Cinco credenciais que
simbolizan o espírito do
caminçño.

MUXIANA

PORTUS APOSTOLI

Recomendacións para facer
da túa volta unha experiencia
única.
Antes de poñerte en marcha, dedícalle un momento á viaxe. Volta de Gloria é un percorrido circular que une mar e montaña, vilas mariñeiras e sendas antigas. Planificalo ben é a mellor forma de gozalo: sen présas, con respecto pola contorna e con todo o necesario para vivilo con comodidade.
Bótate a camiñar →
Un percorrido por concellos
cheos de paisaxes, sabores e
emocións que fan única
a Volta de Gloria.
A Volta de Gloria é un mosaico de lugares que contan a súa propia historia.
Cada concello achega a súa paisaxe, o seu sabor e a súa forma de celebrar a vida.
Do mar á montaña, da arte á tradición, a viaxe convértese nun encontro continuo coa diversidade e a beleza que fan única esta ruta.







