¿ QUE É
VOLTA DE
GLORIA ?
Un camiño que une
historia y horizonte

A ORIXE E O DESTINO DA VIAXE
Pórtico da
Gloria
“Gloria” non é só o nome do pórtico da catedral, senón tamén a forza da natureza que sostén esta viaxe. O Faro de Fisterra, o Santuario da Barca en Muxía ou os miradoiros sobre a ría son máis ca lugares: son pausas para entender o sentido do regreso.
A Volta de Gloria é, en definitiva, unha experiencia integral de ida e volta, que permite obter as tres acreditacións oficiais —Compostela, Fisterrana e Muxiana— e vivir a esencia do Camiño na súa versión máis completa: espiritual, cultural e atlántica.
El percorrido suma entre 270 y 300 kilómetros, distribuidos en etapas, e percorre algunhas das paisaxes máis emblemáticas do litoral galego: as praias de Carnota e Area Maior, os montes Pindo e Louro, a fervenza do Ézaro, a ría de Corcubión cos seus illotes e illas, e unha sucesión de vilas mariñeiras, igrexas románicas, hórreos e antigos camiños reais.
A sua orixe remóntase aos anos noventa, cando Antón Pombo y José de la Riera, fundadores da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), comezaron a investigar e recuperar rutas xacobeas esquecidas. A raíz da posta en valor do Camiño da Ría de Muros-Noia, recoñecida oficialmente pola Catedral de Santiago, xurdiu a idea de pechar o círculo, conectando este novo itinerario co Camiño de Santiago: Muxía – Fisterra.







